Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Once centros escolares participaron no concurso 'A auga non para 2019

Novas |

O CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña foi o gañador do concurso escolar 'A auga non para 2019' organizado por Emalcsa e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mande, no que participaron once centros escolares da nosa área metropolitana. 

O Pardo Bazán impúxose na final aos colexios Alborada, Rosalía de Castro e Santo Domingo, tamén da cidade da Coruña, nunha cita que se celebrou o xoves 23 de maio na Casa da Auga. En total, once centros e 684 nenas e nenos participaron no concurso.

A iniciativa pretende dar a coñecer ao alumnado de Primaria o ciclo da auga na Coruña e fomentar o seu consumo responsable. A través dun xogo de preguntas e respostas, explica o percorrido que fai a auga que chega ás nosas casas, desde os ríos Mero e Barcés e o encoro de Cecebre, a o seu tratamento na ETAP da Telva e a súa depuración final na EDAR de Bens. Tamén se explica a riqueza e biodiversidade que habita o encoro de Cecebre, garantía do coidado da natureza e da boa calidade da auga.