
Reparación dunha tubaxe en Culleredo
Para minimizar as molestias redirixiuse o abastecemento por conducións secundarias que evitarán o corte de auga, pero poderían rexistrarse episodios de turbidez
Noticias |
O persoal técnico da Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) reparou unha rotura fortuíta nunha tubaxe de 500 mm de diámetro na rúa Juana de Vega. Debido a estas operacións, ás 17.00h foi necesario realizar un corte de auga de emerxencia, que afectou ao conxunto da rúa. O subministro reanudouse ás 23.00h.
Tras as reparacións reanudouse o subministro de inmediato. É posible que nas próximas horas cheguen a darse episodios puntuais de turbidez na auga nas zonas afectadas, que desaparecerán por se sós ao cabo dun tempo.
Desde Emalcsa, pedimos desculpas polas posibles molestias que esta situación poida ocasionar. Lembramos que a porcentaxe de roturas fortuítas na nosa rede de subministración é de 0,20 por km de tubaxes, moi inferior ao parámetro recomendado polo Ministerio de Medio Ambiente (0,40). Cada ano, a nosa empresa municipal inviste varios millóns de euros para renovar a infraestruturas de distribución e mellorar o servizo.