Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa advirte de posibles episodios de turbidez por obras de mellora na rede de subministro

Novas |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) está a realizar, desde primeiros de abril, obras de renovación dun dos puntos centrais da súa rede de subministro, no termo municipal de Culleredo. Por alí pasa a práctica totalidade da auga que se consume na cidade da Coruña e a súa área metropolitana. Os traballos, de grande complexidade técnica, desenvólvense sen necesidade de cortar o servizo en ningún momento. Non obstante, poden chegar a darse episodios puntuais de auga turbia, que desaparecerán por si mesmos nun prazo breve.

Desde Emalcsa agradecemos o apoio da cidadanía e pedimos desculpas polas molestias que poidan darse. Débense ao noso compromiso de ofrecer sempre o mellor servizo público coa máxima calidade e seguridade.

Últimas novas