Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Conferencia da doutora Antão-Geraldes na Cátedra Emalcsa-UDC

Novas |

A Cátedra EMALCSA-UDC celebrará o próximo 24 de abril, ás 18h, na Casa da Auga, unha conferecia da Dra. Ana Maria Antão-Geraldes titulada Águas interiores: Compreender a complexidade para melhor gerir.

A doutora Antão-Geraldes é especialista en masas de auga continentais e as súas implicacións coa sociedade. Desenvolve o seu traballo no Grupo de Sistemas Socio-ecolóxicos do Centro de Investigação de Montanha (CIMO), do Instituto Politécnico de Bragança.

CIMO - Centro de Investigação de Montanha (Mountain Research Center) é unha unidade de investigación multidisciplinar centrada en cuestións de montaña mediterránea con base no Instituto Politécnico de Bragança, Portugal, e cun polo no Instituto Politécnico de Viana do Castelo (Portugal). CIMO é parte da rede nacional de investigación coordinada pola Fundación de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal (FCT).

Entre as liñas de investigación da doutora Antão-Geraldes, atópanse temas recentemente abertos sobre augas e a acumulación no medio/bioacumulación de contaminantes emerxentes.

 

Máis información sobre a conferenciante.

A asistencia é libre e gratuita, só require inscrición previa na web da Cátedra Emalcsa-UDC

Últimas novas