Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Fase final das obras de renovación dun dos puntos cruciais da rede de subministro, en Culleredo

Novas |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) entra este martes 2 de abril na fase final das obras para renovar a rede de subministro nun dos seus puntos centrales, ao carón da avenida de Ribados e a Universidade Laboral, en Culleredo. As operacións, que conclúen un traballo de meses, afectarán a tres das tubaxes principais para o servizo de auga. Teñen un orzamento dun millón de euros e forman parte do Plan Director de Emalcsa

Nesta primeira xornada farase o entronque dunha tubaxe de 800 milímetros de diámetro, unha operación de enorme complexidade técnica: por ela pasa o 70% da auga consumida na cidade da Coruña. Aínda así, cun importante esforzo técnico, será posible completar a operación sen que estean previstos cortes no servizo. O que si poden darse son episodios puntuais de turbidez, que desaparecerán por si mesmos en pouco tempo.

A seguinte fase realizarase o xoves, nunha tubaxe de 500 mm, que neste caso dá servizo a gran parte dos concellos da área metropolitana.

Desde Emalcsa agradecemos o apoio da cidadanía e pedimos desculpas polas molestias que poidan darse. Débense ao noso compromiso de ofrecer sempre o mellor servizo público coa máxima calidade e seguridade.

 

Compromiso coa mellora do servizo público

Emalcsa, como empresa pública, inviste cada ano entre cinco e oito millóns de euros en renovar a súa rede, para ofrecer un mellor servizo público á veciñanza. Grazas a este esforzo, a nosa empresa pública ten unha porcentaxe de roturas fortuítas de 0,20 por km de tubaxes, moi inferior ao parámetro recomendado polo Ministerio de Medio Ambiente (0,40).