Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

As obras de mellora dunha das conducións principais de Emalcsa suporán un corte de tráfico na avenida Ribados (Culleredo)

Novas |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) avanzará este luns nas obras de renovación dunha das conducións centrais da súa rede de subministro, na contorna da Universidade Laboral, en Culleredo. Estes traballos suporán un corte de tráfico na avenida Ribados, preto do cruce coa avenida de Rutis, que terá unha duración máxima de seis semanas. Mentres se manteña, a circulación desviarase pola parcela anexa, o que permitirá manter aberto o tráfico nos dous sentidos.

Deste xeito, mellóranse dúas tubaxes principais, polas que pasa toda a auga da Coruña e boa parte da que se consume na área metropolitana. Serán renovadas para facelas máis resistente as roturas e mellorar o servizo, tal e como está previsto no Plan Director de Emalcsa.

Desde Emalcsa agradecemos a colaboración do Concello de Culleredo e de Vivienda Confort, propietaria da parcela, na boa marcha destas obras, que suporán un beneficio para toda a cidadanía da comarca coruñesa.

 

Últimas novas