Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

No Día Mundial da Auga, Emalcsa renova o seu compromiso do Dereito á Auga

Noticias |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña conta cun bono social que garante que os fogares con menos recursos teñan acceso á auga, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello. Emalcsa concedeu nos últimos dous anos bonificacións na factura a máis dun mlleiro de fogares, que deste modo ven protexido o seu dereito á auga e atopan axuda para evitar a exclusión social.

 

Así, en 2017 o bono social de Emalcsa chegou a 213 domicilios, a 488 en 2018 e a máis de 300 no que levamos de ano 2019. É unha mostra do compromiso de Emalcsa co dereito á auga, recoñecido pola ONU desde 2010 como parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e reivindicado hoxe, no Día Mundial da Auga. Como corresponde a unha empresa pública, Emalcsa emprega os seus recursos en beneficio da cidadanía.

As persoas que perciben a Renda Social Municipal, a RISGA da Xunta ou un subsidio equivalente non pagan nada polo recibo da auga na nosa cidade. Ademais, se os ingresos do fogar non chegan ao indicado polo IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, fixado en 537,84 euros ao mes por persoa en 2018), só pagan o 25% da tarifa. No caso dos domicilios cuxos recursos non acaden o 150% do IMPREM (806,76 euros ao mes por persoa en 2018), a bonificación é do 50% da tarifa.

Existen, de igual modo, bonificacións para fogares con máis de tres persoas empadroadas, aplicando un tramo de precio menor ao que corresponde por consumo.

 

Un compromiso para non deixar a ninguén atrás

O 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga, no que o lema é Non deixar a ninguén atrás. Imponse, por tanto, un uso responsable e un esforzo especial para garantir que todas as persoas, sen importar as súas condicións económicas, teñan dereito á auga. Sen auga non hai vida, e está na nosa man achegala a todos os fogares. En Emalcsa témolo claro.

Como sinala a ONU, os recuros hídricos xogan un papel básico na redución da probreza e na sustentabilidade ambiental. A auga é un elemento de benestar e crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida das persoas: mellora a seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e serve de medidor do estado do planeta. É un recurso escaso, e todo apunta a que o vai ser máis a causa do cambio climático. Por iso temos que xestionala de forma responsable, sustentable e equitativa.

Últimas noticias

+

EMALCSA garante a seguridade do subministro de auga a fogares e empresas

Despois de recibir varias consultas, desde a Empresa Municipal de Augas da Coruña, EMALCSA, aclárase que os estudos publicados recentemente fan referencia de forma exclusiva á presenza de restos de Covid-19 en augas residuais dos sumidoiros de fecais, polo que se garante a seguridade da agua que subministra á cidade e a varios concellos da área metropolitana, que cumpre con todos os parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros organismos internacionais. Estes avalan en base ás evidencias científicas dispoñibles que os tratamentos de filtración e desinfección que utiliza EMALCSA eliminan ou inactivan o coronavirus, polo tanto, o servizo que chega a  fogares e empresas é seguro.

A día de hoxe, existe consenso en distintas entidades científicas, como a Organización Mundial da Saúde, o ECDC/CDC (Centers for Disease Control and Prevention) e a EPA (Environmental Protection Agency) sobre que o virus non foi detectado en augas de consumo cando están tratadas con filtración e desinfección, tal e como aplica EMALCSA. Así, desde a Empresa Municipal destácase que o seu actual tratamento de desinfección de augas garante un axeitado nivel de protección, facendo que a súa auga sexa segura tanto para beber como para cociñar  ou o uso hixiénico.

Desde o mesmo momento en que se declarou o Estado de Alarma, EMALCSA puso en marcha un Plan de Continxencia, que permite asegurar a actividade nas plantas de producción, incluído o laboratorio de calidade da auga, con protocolos de traballo ben definidos e en plena consonancia coas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias e a administración pública.

+

O ministerio de Sanidade considera a EMALCSA "operador de servizos esenciais"

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (EMALCSA) é unha das entidades ás que se dirixe a Orden SND/274/2020 do 22 de marzo que hoxe publica o Boletín Oficial do Estado (BOE), na que, baixo a sinatura do ministro de Sanidade Salvador Illa, ínstase a tomar “medidas tendentes a evitar posibles problemas de saúde mediante a garantía dos niveis de salubridade e hixiene tanto no subministro da auga como nos servizos de saneamento das augas residuais urbanas”.

Deste xeito, Emalcsa pasa a ser considerada “operadora de servizos esenciais” e así tamén poderá dispor dos produtos, substancias e materiais hixiénicos necesarios para garantir o cumprimento da normativa sanitaria aplicable ás augas de consumo humano. A Orde ministerial deriva do Real Decreto-Lei 8/2020, que sinala as medidas dirixidas a facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 e establece que o subministro de auga potable para o consumo humano é un servizo esencial, que debe quedar garantido, especialmente nas actuais circunstancias.

EMALCSA asumiu estas diretrices desde o primeiro momento e mantén con total normalidade o subministro e a calidade da auga, ao que tras a Orde ministerial, en vigor namentres dure o Estado de Alarma, suma o acceso aos combustibles básicos para poder realizar o servizo nas condicións esixidas así como o permiso para dispor das existencias propias. Ademais, aválase o acceso de EMALCSA ao aprovisionamento dos produtos e materiais hixiénicos necesarios para o servizo, como xel hidroalcóholico, bactericidas, líquidos desinfectantes, mascarillas, ou traxes desechables.

Por último, segundo o publicado no BOE, corresponderá á administración autonómica ditar as resolucións, disposicións e instruccións necesarias para garantir a eficacia desta Orde.

+

COMUNICACIÓN EMALCSA CORINAVIRUS

Emalcsa asume a súa responsabilidade coa sociedade

pondo en marcha un Plan de Continxencia

pola crise do COVID-19.

A Empresa Municipal de Augas da Coruña e as Autoridades Municipais, puxeron en marcha un plan de continxencia que permite garantir a subministración á poboación da Coruña e concellos da área metropolitana, ao asumir a responsabilidade co Plan de Emerxencia Nacional.

A posta en marcha das medidas decretadas polo Goberno da nación en relación á crise do Coronavirus supuxo un reto para a compañía pública de face a manter o servizo e ao mesmo tempo organizar o traballo de modo que se reduza o número de persoas traballadores expostas, establecendo regras para evitar e reducir a frecuencia e o tipo de contacto de persoa a persoa e clientes.

O Plan de Continxencia, preparado polo Comité de Riscos de EMALCSA, permite manter o servizo grazas ao compromiso dos seus traballadores e o alto grao tecnolóxico que a compañía adquiriu nos últimos anos. Esta situación permite que moitos dos procesos da compañía poidan ser controlados *remotamente e en canto á atención ao cidadán case todas as xestións poderán seguir realizándose con normalidade a través da oficina virtual (www.emalcsa.es), e o teléfono de atención ao cliente 981.24.23.22.

Durante polo menos 15 días, só permanecerán en activo o persoal de produción estritamente necesario, organizado en quendas de traballo nas plantas de produción, incluído laboratorio de calidade da auga, o e persoal de avarías para continxencias maiores en grupos *preestablecidos e con protocolos de traballo ben definidos, en atención ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias e goberno. A oficina comercial permanecerá pechada, pero mantendo a actividade a través dos medios citados previamente. Durante estes 15 días limitaranse os labores de lectura e xestión de contadores, salvo emerxencias ou falta de subministración que se atenderán baixo demanda no teléfono de atención ao cliente. O persoal de oficina fará as súas funcións mediante a habilitación progresiva das ferramentas de teletraballo. Durante os próximos días rogamos aos cidadáns que limiten as súas xestións, ao suspender temporalmente os prazos administrativos.

Dende EMALCSA animamos aos cidadáns a permanecer nas súas casas, co compromiso de todos os traballadores para que non lles falte a auga de calidade e na cantidade habitual, lembrando sempre facer un uso responsable do recurso co fin de garantir o servizo e manter o nivel de calidade da auga fornecida.

Lembramos que calquera dúbida poden resolvela no noso teléfono de atención ao cliente 981.24.23.22