Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa colabora na creación dunha horta ecolóxica no IES Rego de Trabe

Novas |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) colaborou coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o Concello de Culleredo para inaugurar a primeira horta escolar ecolóxica do IES Rego de Trabe. É un exemplo de como unha situación mala pode converterse, grazas á colaboración e a boa vontade, nunha actuación beneficiosa.



Hai aproximadamente un ano produciuse unha rotura nunha das conducións principais da rede de subministración de Emalcsa, que causou danos en parte do xardín do instituto Rego de Trabe.

Como compensación, a nosa empresa fíxose cargo das reparacións para acondicionar o espazo, de acordo coas peticións do profesorado e a dirección do centro, habilitando unhas xardineiras que se converteron nun novo horto ecolóxico. Grazas a esta actuación, o instituto poderá participar nun programa de Ciencia Cidadá do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Na inauguración do horto participaron o presidente da Reserva e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira. O alumnado plantou especies autóctonas, inicio do que será un ecosistema propio con plantas aromáticas, medicinais, froiteiras e refuxios para aves.

Últimas novas