Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Traballos de mantemento nun dos bombeos de cabeceira da área metropolitana coruñesa

Novas |

Durante el martes 5 de febrero, o persoal técnico de Emalcsa realizó operacións de mantemento no centro de transformación eléctrica dun dos bombeos de cabeceira da área  metropolitana da Coruña. Estes traballos rutineiros realízanse todos os anos e son necesarios para cumprir a normativa e garantir o bo funcionamento da rede, e quedarán concluídos nesta mesma xornada.

Non obstante, destas operacións poderían derivarse episodios puntuais de auga turbia ao longo do mércores 6 de febreiro. Poderían afectar aos concellos de Bergondo e Sada, parte de Oleiros e parte de  Cambre. Emalcsa mantivo encontros previos con representantes destes municipios, cos que se está a coordinar para que as afeccións sexan mínimas.

De todos os xeitos, desde Emalcsa agradecemos o apoio da cidadanía e pedimos desculpas polas molestias que poidan darse. Débense ao noso compromiso de ofrecer sempre o mellor servizo público coa máxima calidade e seguridade.

Últimas novas