Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

iEco-City ofrece unha solución tecnolóxica viable para mellorar a pegada de carbono e a pegada hídrica do pequeno comercio urbano

Novas |

Despois de dous anos de intenso traballo, o proxecto iEco-City desenvolveu un prototipo de tecnoloxía viable para medir, controlar e mellorar o gasto de auga, luz e gas no pequeno comercio urbano, cun sistema baseado en conectividad Wireless M-Bus, sinxelo de instalar e preparado para ofrecer datos de consumo en tempo real, a través da nube. Trátase dun proxecto liderado por Emalcsa en consorcio coas tamén coruñesas Tecdesoft, especialistas en xestión de automática industrial, e Valora, consultora de sustentabilidade e medioambiente, que xa está a funcionar en decenas de pequenos negocios da Coruña.

Onte realizouse a presentación de resultados desta iniciativa que comezou a desenvolverse en xaneiro de 2017, financiada con Fondos Europeos FEDER, a través da convocatoria Conecta-Peme, xestionada pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN). Logrou ser elixida entre outras 120 propostas.

O sistema iEco-City conta, para a monitorización remota, con catro módulos de deseño propio: iEco-Electric, que controla o gasto en enerxía eléctrica ?e pode medir por separado até 6 aparellos?, iEco-Pulse, que mide os pulsos xerados polos contadores de gas e auga; iEco-Range, que amplía o sinal Wireless para supera obstáculos cando é necesario; e iEco-Brain, o cerebro electrónico que recolle toda a información dos outros dispositivos e compártea cos técnicos e usuarios, a través da plataforma iEcoCity. A eles súmanse os contadores de auga de Emalcsa con tecnoloxía de medición por ultrasonidos, compatibles xa de por se co sistema Wireless M-Bus para as comunicacións.

Deste xeito, o propietario dun negocio pode saber o seu consumo enerxético e de auga en tempo real, controlar a súa pegada hídrica e a súa pegada de carbono (é dicir, en que medida está a contribuír a xerar gases de efecto invernadoiro), ademais de poder comparar con períodos anteriores, outros negocios do seu sector e recibir consellos para mellorar a súa eficiencia a través da plataforma.

 

O pequeno comercio, unha gran empresa invisible

En calquera cidade o numero de comercios urbanos é grande, a pesar do seu pequeno tamaño. E asi como existen solucións para monitorización de grandes empresas , non existen solucións adecuadas para este sector. Como exemplo da súa importancia, unha cidade como Coruña aglutina mais de 20.000 destes negocios.

Ademais de Emalcsa,  Tecdesoft e Valora, o proxecto tamén conta coa colaboración do CITIC, centro tecnolóxico da UDC, e o CETIM, ademais das compañías Sicasoft e Ilux que achegaron as súas correspondentes tecnoloxías para desenvolver a plataforma e os modelos de visualización. A súa meta é concienciar ao pequeno comercio da súa capacidade de mellorar no terreo da eficiencia e a sustentabilidade, axudando a monitorizar o seu gasto de auga, electricidade, gas e outros recursos, para facelo máis sustentable, ao mesmo tempo que o converten nunha vantaxe competitiva para eles e a súa contorna, no actual contexto de preocupación social polos temas ambientais.

iEco-City diríxese ao pequeno comercio urbano, unha suma de máis de 20.000 pequenas empresas que xuntas suman un gasto enerxético significativo e que agora teñen unha forma para controlalo e axudar na loita contra o cambio climático.

Últimas novas