
O embalse de Cecebre cumpre un ano na Rede GLEON cun balance moi positivo
Persoal técnico de Emalcsa, 3edata e a Universidade da Coruña mantieron un encontro para repasar os avances dos últimos 12 meses.
Novas |
O persoal técnico de Emalcsa levará a cabo este martes, 15 de xaneiro, traballos de reparación dunha rotura nunha das conducións principais para o subministro, pola que pasa o 60% da auga da área metropolitana da Coruña. A rotura, localizada no Monte Alfeirán – Lugar de Fontaíña (Culleredo), atópase controlada e grazas aos traballos previos foi posible minimizar a fuga de auga.
Ao longo do día realizaranse as reparacións, sen que sexa necesario cortar o servizo en ningún punto da comarca. Non obstante, poderían darse episodios de auga turbia.
Desde Emalcsa pedimos desculpas polas molestias que este incidente puidera ocasionar e agradecemos á cidadanía a súa comprensión.