Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Presentación do proxecto Bialac para o desenvolvemento de bioplásticos, liderado por Emalcsa

Noticias |



O proxecto Bialac, para o desenvolvemento dun novo biomaterial ecolóxico, foi presentado este 14 de decembro no edificio CICA da Universidade da Coruña. Liderada por Emalcsa, esta iniciativa busca crear bioplásticos a baixo custo, empregando soro lácteo e lodos recollidos na estación depuradora de Bens. Tamén participan as empresas Abakal Enxeñeiros Consultores, Innolact e Ecoplas, e os grupos de investigación da UDC Bioengin e Laboratorio de Polímeros.

Así, a partir de materiais abundantes e baratos, poderían xerarse novos materiais, 100% biodegradables, para o envasado de alimentos ou outros usos non contaminantes, nun impulso da economía circular. Ademais, estudarase a posibilidade de producir acedos grasos volátiles (AGV), compostos de alto valor no mercado.

A presentación correu a cargo de Ricardo Vázquez, director de Innovación de Emalcsa, M.ª Carmen Veiga, IP de Bioengin-UDC. Ambos detallaron os obxectivos de Bialac:

  • Estudo da fermentación do soro do leite nunha planta piloto.
  • Estudo de produción de biopolímeros a partir de soro fermentado.
  • Estudos a escala de laboratorio da fermentación anaerobia de lodo urbano para producir acedos grasos volátiles e para a produción de biopolímeros a partir de lodo xerado nunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) urbanas.
  • Planta piloto para a produción de acedos grasos volátiles e biopolímeros a partir de lodo dunha EDAR urbana.
  • Avaliación das propiedades e facilidade de procesado dos biopolímeros producidos.
  • Obtención de biomateriais e validación dos mesmos.

Últimas noticias