Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Brain-IoT: encontro de traballo e evaluación en Bruxelas

Novas |


Na semana do 10 de decembro, persoal técnico de EMALCSA participa no encontro do proxecto Brain-IoT que se celebra en Bruxelas. Alí, presentan a descrición dos casos de uso que se van a desenvolver para a implementación das solucións IoT que se estudan no marco do proxecto. A última cita celebrouse na Coruña no mes de setembro.

Ademais, as autoridades europeas aproveitarán esta reunión en Bruxelas para avaliar e verificar o cumprimento dos fitos e prazos establecidos do proxecto. Brain-Iot está financiado con 5 millónes de euros de fondos FEDER e no participan, ademais de Emalcsa, compañías como Improving Metrics (A Coruña), Siemens (Alemaña), Airbus (Francia), Instituto Superior Mario Boella (Italia), Paremus (Inglaterra), STMicroelectronics (Suíza), IDATE Digiworld (Francia), a Universidade de Grenoble (Francia), Robotnik (España), o Comisariado para a Enerxía Atómica e as Enerxías Alternativas CEA Tech (Francia) e a Fundación Eclipse Europa.

 

Navegar na Internet das cousas

Os obxectivos técnicos de Brain-IoT son lograr que dispositivos heteroxéneos da Internet das Cousas (IoT) sexan capaces de cooperar en tarefas complexas, cun comportamento autónomo e dinámico, a través de federacións altamente dinámicas, capaces de soportar operacións seguras e escalables.

Ademais, aspira a establecer métodos seguros de Autenticación, Autorización e Contabilidade (AAA) en escenarios IoT, e proporcionar solucións para o control da privacidade. Deste xeito, aspírase a desenvolver un sistema de integración rápida, que apoie o comportamento cooperativo intelixente e que permita aplicacións descentralizadas baseadas en IoT. A intención é crear ferramentas que permitan a toma de decisións baseada en datos de forma autónoma, eficiente, barata e segura.

Máis información en http://www.brain-iot.eu.

Últimas novas