Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Compromiso de calidade

Compromiso de calidade

Controlamos a calidade da auga dende a súa captación ata a súa devolución ao medio natural

O control da calidade da auga para consumo constitúe unha das preocupacións fundamentais de EMALCSA, co obxectivo de garantir a súa calidade e potabilidade, de xeito que o cidadán da Coruña poida dispoñer da auga en inmellorables condicións.

EMALCSA garante ano tras ano a calidade da auga subministrada aos seus usuarios, establecendo para iso un exhaustivo programa de vixilancia que comprende a auga superficial da que se abastece, a auga de saída das plantas de tratamento, así como a auga na rede de distribución. Os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano en España están regulados a través do Real Decreto 140/2003.

Nesta páxina pode consultar a última análise tipo de auga, premendo na ligazón:

Así mesmo, a través desta páxina pode enlazar co Sistema de Información Nacional de Auga de Consumo (SINAC), que é un sistema de información sanitario que recolle datos sobre as características dos abastecementos e a calidade da auga de consumo humano que se subministra á poboación española. O SINAC actualmente está sustentado por unha aplicación informática a través de Internet. Seleccionando o municipio e zona de abastecemento poderá ver de que tipo de captacións dispón, así coma o resultado das analíticas realizadas na rede de distribución.

Certificacións de calidade

O sistema de xestión permítenos demostrar a eficacia dos procesos aplicados en cada un dos centros de traballo, existentes nos Concellos da Coruña, Cambre e Carral, nos que se desenvolven as seguintes actividades:

  • O servizo de xestión do Ciclo Integral da Auga (captación, potabilización, tratamento e distribución de augas potables. Transporte e depuración de augas residuais).

  • Mantemento de redes de distribución e saneamento.

  • Análise e control da calidade das augas de consumo humano e naturais.

  • Análise e control da calidade da auga de baño en piscinas de uso colectivo.

  • A xestión de clientes (contratación, lectura de contadores, facturación, cobro e atención ao cliente para o abastecemento e saneamento de augas).

ER-1810/2003

Ver certificado

ES-1810/2003

Ver certificado

 

EMALCSA, consciente da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades dos seus clientes, así como a protección do medio, mantén ao día as actividades e procesos do Sistema de Xestión Integrado adecuado ás súas necesidades, constituíndo a base do proxecto de integración dos distintos sistemas de xestión a desenvolver na empresa.

Control de todos os procesos

O laboratorio de EMALCSA ocúpase do control do produto en todas as etapas do ciclo da auga e ofrece asistencia permanente nos procesos de tratamento que se levan a cabo nas plantas de potabilización e depuración de augas residuais.

As actividades do laboratorio sométense a un Plan de Autocontrol e audítanse periodicamente por entidades externas independentes.

No que se refiere ás augas residuais, na Edar de Bens realízase mensualmente a determinación de 16 parámetros físico-químicos e microbiolóxicos. Nas Edar de Quenllo e Carral realízanse analíticas mensuais de control das verteduras e análises semestrais de control do medio receptor en puntos equidistantes augas arriba e abaixo do punto de vertedura.

Tipos de auga analizada por localidades

A TELVA:

  • Auga superficial da que se abastecen as plantas de tratamento.

  • Auga de saída da planta de tratamento de lamas.

  • Auga á saída das plantas de tratamento.

A CORUÑA:

  • Auga na rede de distribución-depósitos-billa do consumidor.

  • Auga de partes de solicitude de atención ao cliente.

  • Auga de saída da EDAR de Bens.

CARRAL:

  • Auga superficial da que se abastece a planta de Cañás.

  • Auga á saída da planta de tratamento de Cañás.

  • Auga na rede de distribución-depósitos-billa do consumidor de Carral.

  • Auga de saída da EDAR de Quenllo.

  • Medio receptor da EDAR de Quenllo.

  • Auga de saída da EDAR de Reboredo.

CECEBRE:

  • Auga superficial / Estudos dos puntos de mostraxe do encoro.

CEE-CORCUBIÓN:

  • Auga á saída da planta de tratamento de Santa Uxía (Corcubión) e A Carballa.

  • Auga na rede de distribución e depósitos de Cee-Corcubión.

  • Auga na billa do consumidor.

Compromiso de eficacia

Xestionamos de forma eficiente un servizo básico para máis de 134.000 clientes en oito municipios.

Compromiso co medio

Protexemos o medio para garantir a sustentabilidade dos recursos e o respecto ao contorno.