Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Nova marca de participación no certame de debuxo 'Vida Silvestre do Encoro de Cecebre'

Novas |

A VI edición do Certame de Debuxo de Natureza Vida Silvestre do Encoro de Cecebre, organizada por Emalcsa e o Grupo Naturalista Hábitat, alcanzou unha marca de participación. Pechado o prazo de presentación de traballos, concorreron 194 ilustracións de 138 participantes, repartidas do seguinte modo:

  • 1ª Categoría (menores de 14 anos): 100 ilustracións, dun total de 90 participantes.   
  • 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 94 ilustracdións, dun total de 48 participantes.

Esta nova convocatoria ten como tema A Fraga Encantada do Encoro para poñer en valor o bosque como espazo de asentamento, refuxio, alimento e cría para moitas especies, pasado polo filtro máxico que inspira a obra El bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez.

Nos vindeiros días daranse a coñecer as obras gañadoras.

Últimas novas