Visitas escolares á ETAP A Telva
Os estudantes teñen a posibilidade de participar no programa de visitas educativas á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva e aprender sobre o proceso de potabilización que realizamos á auga antes de chegar ás nosas billas. Durante o ano 2014, a ETAP da Telva, situada no municipio de Cambre, atendeu 86 visitas, cun total de 2.338 participantes, ademais doutras 3 visitas na ETAP de Cañás.
As visitas están destinadas a grupos de alumnos, que poden así coñecer o labor desempeñado por EMALCSA no ciclo integral da auga e recibir consellos sobre un consumo racional da auga.
A meirande parte das visitas realízanse en colaboración co Concello da Coruña a través dos seguintes programas:
-
Programa de educación ambiental 'A ruta da auga na nosa cidade', organizado pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña. As solicitudes para participar poden facerse a través do correo electrónico concejalia.medioambiente@coruna.es.
-
Programa 'Coruña de Aventura', organizado polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, coa posibilidade de solicitar unha visita no correo educacion@coruna.es.
En 2014 visitaron a ETAP da Telva 52 grupos de Educación Primaria Obrigatoria, 24 de Educación Secundaria Obrigatoria, 4 de Bacharelato e 6 de Ciclo Formativo de Grao Superior de FP.