Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa participa no III congreso de Ibernáutica

Noticias |

O III congreso de Ibernáutica, o ciclo cultural e industrial da Semana Abanca, terá como tema as Augas interiores. A recuperación de espazos naturais, mineiro-industriais e os seus usos sustentables e contará coa participación e patrocinio de Emalcsa, entre outras entidades como a Deputación da Coruña. A cita celebrarase os días 15 e 16 de novembro, no concello de Cerceda.

O xoves 15 de novembro, o director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira, participará nunha das principais mesas redondas do congreso, titulada A década da auga para o desenvolvemento sustentable. Xestión efectiva dos usos hídricos. Lexislación, Recursos naturais, políticas ambientais, biodiversidade, etc. Canda el, intervirán o presidente da Deputación, Valentín González Formoso; a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez; o comisario adxunto da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Alberto de Anta; o subdirector de explotación de activos mineiros de Naturgy, Roberto González Philippon; o representante do Grupo de Enxeñaría da Auga da Universidade da Coruña, Ricardo Juncosa; e o experto no medio Ambiente UPT de Endesa, Ramón Vale.

En Ibernáutica participarán preto de 200 persoas relacionadas co sector náutico, nas súas vertentes empresarial, profesional e deportiva. Vea, remo e piragüismo estarán representadas ao máis alto nivel. Tratará temas como a transformación do encoro das Encrobas desde o seu uso industrial orixinario, os usos turístico e deportivo das augas interiores ou a evolución da gastronomía na Galicia interior. Este é o programa completo.

 

Últimas noticias