Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Visítanos

Visítanos

En EMALCSA queremos que nos coñezan. Que vexan como traballamos en cada unha das fases do ciclo da auga, dende a súa captación na natureza ata a súa devolución ao mar. Por iso organizamos visitas á ETAP da Telva para escolares e á depuradora de Bens para estudantes e outros colectivos.

Visitas escolares á ETAP A Telva

Os estudantes teñen a posibilidade de participar no programa de visitas educativas á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva e aprender sobre o proceso de potabilización que realizamos á auga antes de chegar ás nosas billas. Durante o ano 2014, a ETAP da Telva, situada no municipio de Cambre, atendeu 86 visitas, cun total de 2.338 participantes, ademais doutras 3 visitas na ETAP de Cañás.

As visitas están destinadas a grupos de alumnos, que poden así coñecer o labor desempeñado por EMALCSA no ciclo integral da auga e recibir consellos sobre un consumo racional da auga.

A meirande parte das visitas realízanse en colaboración co Concello da Coruña a través dos seguintes programas:

  • Programa de educación ambiental 'A ruta da auga na nosa cidade', organizado pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña. As solicitudes para participar poden facerse a través do correo electrónico concejalia.medioambiente@coruna.es.

  • Programa 'Coruña de Aventura', organizado polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, coa posibilidade de solicitar unha visita no correo educacion@coruna.es.

En 2014 visitaron a ETAP da Telva 52 grupos de Educación Primaria Obrigatoria, 24 de Educación Secundaria Obrigatoria, 4 de Bacharelato e 6 de Ciclo Formativo de Grao Superior de FP.

Visitas á EDAR de Bens

A EDAR de Bens é o punto final do ciclo urbano da auga. O lugar onde se devolve á natureza para que esta comece de novo o ciclo, despois de usarse nas casas e nas industrias.

Para explicar á cidadanía como se realiza este labor, Edar Bens organiza visitas guiadas á planta para os veciños e estudantes dos Concellos que participan na súa xestión. Apúntate para coñecer máis sobre o proceso de depuración e como podes colaborar para aforrar auga e contribuír ao mellor funcionamento dun servizo público fundamental para a protección do medio.

Coñece máis