Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa participa en Bilbao nun encontro sobre a innovación na xestión da auga urbana

Novas |

Emalcsa participará, os días 6 e 7 de novembro, en elencuentro sobre innovación e transformación dixital organizado polo Consorcio de Augas Bilbao Bizkaia e a Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS), que reunirá a 200 profesionais de empresas e organismos públicos de todo o Estado encargados da xestión da auga urbana. A Empresa Municipal de Augas da Coruña estará a moderar a mesa de Compra Pública Innovadora e presentando o proxecto Brain-IoT.

O encontro céntrase en innovación na xestión da auga, especialmente no proceso de transformación dixital que se está producindo no sector. Así, abordarase a innovación nos diferentes ámbitos que afectan á xestión da auga; desde a estratexia xeral, pasando pola contratación pública, a xestión integral de proxectos ou a xestión da explotación, tanto en saneamento e depuración como en abastecemento.

Analizaranse ferramentas como o Big Data Analytics, redes neuronais, drones, xestión de ciclo de vida ou dinámica de fluídos computacional (CFD). Ademais, estudaranse aspectos de transformación dixital para a comunicación, captación de datos e realidade aumentada, entre outros. A xornada dedicará tamén unha especial atención ao BIM (Building Information Modelling), que pasou de ser unha aposta de futuro a converterse nunha realidade nos procesos de xestión das augas urbanas.

O encontro poderase seguir en directo a través dunha ligazón habilitada na web do Consorcio de Augas Bilbao Bizkaia: http://www.consorciodeaguas.eus

Últimas novas