Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Solucionada unha rotura na condución principal de agua, que afectou aos concellos de Cambre, Oleiros e Culleredo

Novas |

O persoal técnico de Emalcsa reparou unha rotura fortuíta nunha das conducións principais para o subministro de auga na área metropolitana da Coruña, que se produciu ás 18.00 horas de onte na avenida de Rutis, en Culleredo, preto dos terreos da Universidade Laboral. Un total de 30 persoas, todos os efectivos dispoñibles, traballaron durante toda a noite para normalizar a situación.

Por mor da avaría, parte de Cambre, Oleiros e Culleredo quedaron sen auga durante unhas horas, ata que foi posible reconducir o servizo por outros puntos da rede. Nunha primera fase dos traballos, foi necesario facer unha parada nunha das tres plantas da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva. A partir das 21.30 horas de onte conseguiuse restablecer o subministro na maioría das zonas afectadas, aínda que con problemas de presión que impediron a recuperación do servizo en puntos concretos.

 

Episodios de auga turbia na Coruña e a Área Metropolitana

A tubaxe afectada, de 500 milímetros de diámetro, entrou de novo en funcionamento esta mañá ás 12.30 horas, unha vez realizadas todas as comprobacións de seguridade. Debido á complexidade dos traballos de reparación, é posible que ao longo da semana se dean episodios puntuais de turbidez en toda a área metropolitana da Coruña.

De todos os xeitos, é importante recalcar que estas variacións na turbidez non supoñen risco de ningún tipo para a poboación nin afectan á salubridade da auga. Desde Emalcsa pedimos desculpas polas molestias que este accidente puidera ocasionar e agradecemos á cidadanía a súa comprensión.

A porcentaxe de roturas fortuítas na rede de distribución de Emalcsa é de 0,20 por km de tubaxes, moi inferior ao parámetro recomendado polo Ministerio de Medio Ambiente (0,40). Cada ano, a nosa empresa pública inviste entre 5 e 8 millóns de euros para renovar as infraestruturas de distribución de auga e mellorar a calidade do servizo.

Últimas novas