Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Atención ao usuario

Atención ao usuario

A través desta sección, do apartado de Contacto e da Oficina Virtual, vostede poderá facernos chegar calquera suxestión, consulta, reclamación ou petición, con respecto ao servizo que recibe de EMALCSA ou esta páxina web. Con iso perséguese aumentar a satisfacción dos clientes e usuarios, valorando as súas necesidades e expectativas, téndoas en conta no establecemento dos nosos obxectivos e estratexias.

Oficina de Atención ó Cliente

Emalcsa informa: a nosa oficina de atención presencial ten un sistema de cita previa que pode solicitar nesta páxina web ou a través do servizo de atención ao cliente.

Lembrámoslle que temos canles alternativos para o servizo ao cliente e o pago de facturas:

Teléfono de Atención ao Cliente 981 24 23 22

En cumprimento do disposto no artigo 22 do RDL 1/2007, Emalcsa pon a liña telefónica 900825160 a disposición dos seus clientes

Correo electrónico atencioncliente@emalcsa.es

Oficina virtual a través da nosa páxina web www.emalcsa.es

Regulamento para a prestación do servizo de abastecemento de augas

Teléfono de atención ao cliente

EMALCSA centraliza a súa atención ao usuario a través dunha única canle telefónica. Por medio do número 981 24 23 22, os clientes e usuarios do servizo de augas poden realizar todo tipo de actividades, tanto comerciais como de consultas.

En cumprimento do disposto no artigo 22 do RDL 1/2007, Emalcsa pon a liña telefónica 900825160 a disposición dos seus clientes

Estes números están operativos dende as 8:00 ata as 21:00 horas, de luns a venres. O resto do horario, os 365 días do ano, permanecen como teléfonos de EMERXENCIAS, para información de avarías e comunicación de incidencias.

Exercicio de dereitos

Como titular dos seus datos de carácter persoal pode exercitar aquí os seus dereitos recoñecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos 2016/679

 

 

Coñece máis