Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa, a través de Aeopas, ofrece a súa colaboración ao Ministerio de Transición Ecolóxica na loita contra o cambio climático

Noticias |

Representantes da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento(Aeopas) mantiveron esta semana unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, na que participou o director xeral de Emalcsa e vicepresidente de Aeopas, Jaime Castiñeira. Neste econtro, comprometéronse a colaborar na elaboración dunha nova Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética.

Desde Aeopas considérase imprescindible que a futura lei de Cambio Climático e transición conteña:

  • Recoñecemento do dereito á auga e ao saneamento
  • Participación, transparencia e rendición de contas
  • Planificación
  • Dereitos e obrigacións das partes
  • Regimen económico
  • Contratos concesionales
  • Indicadores e rendición de contas
  • Regulación

O cambio climático é xa unha realidade, que está a transformar o clima do noso planeta e que afecta especialmente ás reservas de auga. A seca vivida en Galicia a finais de 2017, en pleno inverno, é mostra de que está a cambiar o réxime de precipitacións.

Fronte a esta situación, a resposta ten que ser unha maior eficiencia na xestión e control dos recursos hídricos dispoñibles, algo para o que as empresas públicas como Emalcsa están especialmente ben preparadas, pois invisten todos os seus beneficios na mellora do servizo e a rede de subministración, reducindo as perdas e roturas accidentais.

 

Que é Aeopas?

Aeopas constituíuse formalmente en outubro de 2009 na Deputación Provincial de Córdoba co obxectivo de promocionar a xestión pública do ciclo integral urbano da auga fronte a outros tipos de xestión. Aeopas inicia a súa andaina como foro de encontro e debate entre operadores públicos de auga, administracións con competencia nesta materia e sociedade civil, todos implicados na xestión deste recurso.

Lonxe da confrontación con sectores privados, asociacións profesionais ou grupos de presión que se sitúan a favor doutros tipos de xestión da auga, Aeopas representa, un modelo de xestión pública da auga baseado na planificación; a participación da cidadanía e a rendición de contas; a responsabilidade social corporativa das empresas; a protección dos recursos naturais; a cooperación; e solidariedade.

Agrupa a 74 operadores públicos que xestionan a auga de máis de 25 millóns de persoas entre os que se atopan as cidades da Coruña, Palma, Cádiz, Valladolid ou Zaragoza, os sistemas públicos da provincia de Huelva ou as deputacións de Sevilla ou Badaxoz.

 

Últimas noticias

+

EMALCSA garante a seguridade do subministro de auga a fogares e empresas

Despois de recibir varias consultas, desde a Empresa Municipal de Augas da Coruña, EMALCSA, aclárase que os estudos publicados recentemente fan referencia de forma exclusiva á presenza de restos de Covid-19 en augas residuais dos sumidoiros de fecais, polo que se garante a seguridade da agua que subministra á cidade e a varios concellos da área metropolitana, que cumpre con todos os parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros organismos internacionais. Estes avalan en base ás evidencias científicas dispoñibles que os tratamentos de filtración e desinfección que utiliza EMALCSA eliminan ou inactivan o coronavirus, polo tanto, o servizo que chega a  fogares e empresas é seguro.

A día de hoxe, existe consenso en distintas entidades científicas, como a Organización Mundial da Saúde, o ECDC/CDC (Centers for Disease Control and Prevention) e a EPA (Environmental Protection Agency) sobre que o virus non foi detectado en augas de consumo cando están tratadas con filtración e desinfección, tal e como aplica EMALCSA. Así, desde a Empresa Municipal destácase que o seu actual tratamento de desinfección de augas garante un axeitado nivel de protección, facendo que a súa auga sexa segura tanto para beber como para cociñar  ou o uso hixiénico.

Desde o mesmo momento en que se declarou o Estado de Alarma, EMALCSA puso en marcha un Plan de Continxencia, que permite asegurar a actividade nas plantas de producción, incluído o laboratorio de calidade da auga, con protocolos de traballo ben definidos e en plena consonancia coas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias e a administración pública.

+

O ministerio de Sanidade considera a EMALCSA "operador de servizos esenciais"

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (EMALCSA) é unha das entidades ás que se dirixe a Orden SND/274/2020 do 22 de marzo que hoxe publica o Boletín Oficial do Estado (BOE), na que, baixo a sinatura do ministro de Sanidade Salvador Illa, ínstase a tomar “medidas tendentes a evitar posibles problemas de saúde mediante a garantía dos niveis de salubridade e hixiene tanto no subministro da auga como nos servizos de saneamento das augas residuais urbanas”.

Deste xeito, Emalcsa pasa a ser considerada “operadora de servizos esenciais” e así tamén poderá dispor dos produtos, substancias e materiais hixiénicos necesarios para garantir o cumprimento da normativa sanitaria aplicable ás augas de consumo humano. A Orde ministerial deriva do Real Decreto-Lei 8/2020, que sinala as medidas dirixidas a facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 e establece que o subministro de auga potable para o consumo humano é un servizo esencial, que debe quedar garantido, especialmente nas actuais circunstancias.

EMALCSA asumiu estas diretrices desde o primeiro momento e mantén con total normalidade o subministro e a calidade da auga, ao que tras a Orde ministerial, en vigor namentres dure o Estado de Alarma, suma o acceso aos combustibles básicos para poder realizar o servizo nas condicións esixidas así como o permiso para dispor das existencias propias. Ademais, aválase o acceso de EMALCSA ao aprovisionamento dos produtos e materiais hixiénicos necesarios para o servizo, como xel hidroalcóholico, bactericidas, líquidos desinfectantes, mascarillas, ou traxes desechables.

Por último, segundo o publicado no BOE, corresponderá á administración autonómica ditar as resolucións, disposicións e instruccións necesarias para garantir a eficacia desta Orde.

+

COMUNICACIÓN EMALCSA CORINAVIRUS

Emalcsa asume a súa responsabilidade coa sociedade

pondo en marcha un Plan de Continxencia

pola crise do COVID-19.

A Empresa Municipal de Augas da Coruña e as Autoridades Municipais, puxeron en marcha un plan de continxencia que permite garantir a subministración á poboación da Coruña e concellos da área metropolitana, ao asumir a responsabilidade co Plan de Emerxencia Nacional.

A posta en marcha das medidas decretadas polo Goberno da nación en relación á crise do Coronavirus supuxo un reto para a compañía pública de face a manter o servizo e ao mesmo tempo organizar o traballo de modo que se reduza o número de persoas traballadores expostas, establecendo regras para evitar e reducir a frecuencia e o tipo de contacto de persoa a persoa e clientes.

O Plan de Continxencia, preparado polo Comité de Riscos de EMALCSA, permite manter o servizo grazas ao compromiso dos seus traballadores e o alto grao tecnolóxico que a compañía adquiriu nos últimos anos. Esta situación permite que moitos dos procesos da compañía poidan ser controlados *remotamente e en canto á atención ao cidadán case todas as xestións poderán seguir realizándose con normalidade a través da oficina virtual (www.emalcsa.es), e o teléfono de atención ao cliente 981.24.23.22.

Durante polo menos 15 días, só permanecerán en activo o persoal de produción estritamente necesario, organizado en quendas de traballo nas plantas de produción, incluído laboratorio de calidade da auga, o e persoal de avarías para continxencias maiores en grupos *preestablecidos e con protocolos de traballo ben definidos, en atención ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias e goberno. A oficina comercial permanecerá pechada, pero mantendo a actividade a través dos medios citados previamente. Durante estes 15 días limitaranse os labores de lectura e xestión de contadores, salvo emerxencias ou falta de subministración que se atenderán baixo demanda no teléfono de atención ao cliente. O persoal de oficina fará as súas funcións mediante a habilitación progresiva das ferramentas de teletraballo. Durante os próximos días rogamos aos cidadáns que limiten as súas xestións, ao suspender temporalmente os prazos administrativos.

Dende EMALCSA animamos aos cidadáns a permanecer nas súas casas, co compromiso de todos os traballadores para que non lles falte a auga de calidade e na cantidade habitual, lembrando sempre facer un uso responsable do recurso co fin de garantir o servizo e manter o nivel de calidade da auga fornecida.

Lembramos que calquera dúbida poden resolvela no noso teléfono de atención ao cliente 981.24.23.22