Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Culleredo acolle a mostra de debuxo 'Vida silvestre do encoro de Cecebre'

Novas |

As obras do V certame de debuxo da natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, organizado por Emalcsa e o Grupo Naturalista Hábitat, poden verse este verán na aula de Natureza Juan Lembeye do Concello de Culleredo, xunto ao xardín botánico Ría do Burgo (Avenida de Juan Carlos I, s/n).

Entre o 27 de xullo e o 30 de agosto, a mostra estará aberta de luns a venres, de 18 e 21 horas, e os sábados de 11 a 13 e de 18 a 21. O acceso é libre e gratuíto. Emalcsa colaborou con esta iniciativa cedendo os paneis que estiveron expostos na Casa da Auga a principios de ano.

Na V edición do Certame de Debuxo de Natureza Vida Silvestre do encoro de Cecebre participaron 68 persoas, das que 31 son menores de 14 anos. Entre todas, presentaron 130 obras que retratan a fauna e flora do encoro, alcanzando unha marca de participación. O obxectivo do concurso é dar a coñecer a riqueza e biodiversidade que existe ao redor da presa, para fomentar así o seu coidado e protección.