Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

A monitorización do encoro de Cecebre, un exemplo no Congreso da Asociación Ibérica de Limnoloxía

Novas |

O encoro de Abegondo - Cecebre tivo protagonismo esta semana no XIX Congreso da Asociación Ibérica de Limnología, que se celebra en Coimbra e reúne a máis de 400 profesionais científicos de 22 nacionalidades. Na xornada do martes 26 de xuño, José Luís Cereijo Arango, profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña, realizou unha presentación oral titulada Encoro de Abegondo - Cecebre. Un sistema de abastecemento humano monitorizado en continuo mediante sondas de alta frecuencia.

Nela, expuxo como a colaboración entre a UDC e a empresa pública Emalcsa, a través da Cátedra Emalcsa-UDC, permitiu que Cecebre se convertera no primeiro encoro ibérico en integrarse na rede GLEON, por ser un dos sistemas mellor estudados e monitorados da Península.

Tamén detallou como o encoro e a súa contorna atópanse vixiados por diversos instrumentos de última xeración, grazas ao proxecto Smart City, que permiten profundar nos conocimentos sobre as concas dos ríos Mero e Barcés.

Ademais, tamén no marco do congreso, a empresa Spin-off da USC no Campus Terra de Lugo, 3Edata, presentou un póster que detalla o Desenvolvemento de ferramentas de monitorización da calidade da auga en pequenos encoros mediante imaxes tomadas con sensores multiespectrais, un proxecto que tamén se desenvolveu a través da Cátedra Emalcsa-UDC.

 

 

 

 

 

Últimas novas