Teléfono de atención ao cliente
EMALCSA centraliza a súa atención ao usuario a través dunha única canle telefónica. Por medio do número 981 24 23 22, os clientes e usuarios do servizo de augas poden realizar todo tipo de actividades, tanto comerciais como de consultas. O teléfono está operativo dende as 8:00 ata as 20:00 horas, de luns a venres. O resto do horario, os 365 días do ano, permanece como teléfono de EMERXENCIAS, para información de avarías e comunicación de incidencias.