Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Consulta a túa tarifa

Consulta a túa tarifa

O prezo da auga e a rede de sumidoiros establécese a a partir dos custos que comporta a súa xestión. Unha xestión que inclúe todos os servizos do ciclo urbano da auga, dende que se capta no encoro de Cecebre ata que chega en perfectas condicións sanitarias á billa da súa casa. Pero cando a auga se vai polo desaugadoiro, é imprescindible que se canalice ata a súa depuración antes de devolvela ao contorno natural.

Pode consultar a continuación as tarifas que se aplican na facturación polos servizos prestados por EMALCSA.

Tarifas da Coruña

Na factura dos clientes da Coruña estanse a aplicar as tarifas de auga (cota de dispoñibilidade e cota de consumo), aluguer de contador, rede de sumidoiros (cota de dispoñibilidade e cota de consumo), coeficiente de vertedura (depuración de augas residuais), cota de recollida de lixo e canon da auga.

consultar tarifas

Tarifas de Carral

A factura dos clientes de Carral inclúe as tarifas de auga (cota de dispoñibilidade e cota de consumo), aluguer de contador, rede de sumidoiros (cota de dispoñibilidade e cota de consumo), depuración, canon da auga e enganches e xestión de altas.

Consultar tarifas

Outros servizos

EMALCSA tamén proporciona un servizo de limpeza de acometidas da rede de sumidoiros, cos seguintes prezos por hora para aqueles clientes interesados en contar con esta asistencia.

Consultar tarifas

Máis servizos

Pago de factura online +

Pago de factura online

Descobre as vantaxes de usar o servizo de pago de factura online para pagar as túas facturas coa máxima comodidade dende o teu ordenador ou dispositivo móbil as 24 horas do día.