Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Presentación do libro 'Vida Silvestre do Encoro de Cecebre - Debuxando a Natureza'

Novas |

 

O vindeiro luns 21 de maio, Día Internacional da Rede Natura 2000, terá lugar a presentación do libro Vida Silvestre do Encoro de Cecebre - Debuxando a Natureza, recentemente publicado, que recolle as ilustracíóns presentadas nos cinco primeiros anos do concurso de debuxo organizado por Emalcsa e o Grupo Naturalista Hábitat. Será ás 20.30h, no local do G.N. Hábitat  (Rúa Camariñas, 8)

Ao longo das súas máis de 120 páxinas ilustradas, esta publicación pretende ser un espello no que reflectir a realidade do encoro de Cecebre, ao tempo que unha posta en valor do patrimonio natural presente na súa contorna (da man da flora e fauna), sen esquecer as súas características como infraestrutura, as súas ameazas e retos de futuro.

 

Coñecer para respectar, respectar para conservar

Con estes valores, tamén acaba de presentarse a sexta edición do certame de debuxo da natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, na que colabora que Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Salpicado por numerosas obras de nenos e maiores de todas as idades, achegados nos cinco anos de vida do concurso , este libro conta, capítulo a capítulo, unha fermosa historia naturalista froito dunha simple idea: ilustrar a natureza para fomentar o seu coñecemento. Coñecer para respectar, respectar para conservar.

 

Para a asistencia á presentación é imprescindible a reserva de praza a través do seguinte formulario de inscrición.

 

 

Últimas novas