Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa renova a rede na contorna da praza Escultor Mon Vasco

Novas |


As obras de mellora da rede de subministración de auga de Emalcsa na praza Escultor Mon Vasco e nas rúas Pintor Manuel Colmeiro, Isaac Diaz Pardo e Pintor Laxeiro están en marcha desde o día 4 de abril. Grazas a estes traballos, substituiranse 1.000 metros de tubaxes de fibrocemento por outras de fundición dúctil, máis resistentes ás roturas. O investimento total do proxecto é duns 200.000 euros.

Estas obras forman parte do Plan Director de Emalcsa para renovar a súa rede de subministro en toda a cidade da Coruña, garantindo un servizo de calidade e minimizando o risco de fugas e avarías, grazas á maior fiabilidade do novo material. Deste xeito, tamén se loita contra o malgasto dun recurso precioso como é a auga. Na actualidade, máis do 85% das tubaxes están renovadas.

Últimas novas