Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidade técnica, non recaba ni cede datos de carácter persoal dos usuarios sin o seu coñecemento. Sin embargo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de Emalcsa que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Aceptar Denegar Configurar
Sala de prensa

Sala de prensa

Noticias

As obras de Emalcsa na Ronda de Nelle poden afectar este mércores ás presións do subministro +

As obras de Emalcsa na Ronda de Nelle poden afectar este mércores ás presións do subministro

Con motivo dos traballos de humanización do barrio e demolición do viaduto da Ronda de Nelle na Coruña, a Empresa Municipal de Augas (EMALCSA) vai realizar unha operación de adaptación e mellora da rede de abastecemento da mesma zona. A obra terá lugar este mércores 11 de marzo a partir das 09.00 da mañá, coa previsión de que dure unhas catro horas, aproximadamente. 
 
En principio, a obra non suporá un corte que deixe sen auga aos usuarios e usuarias de EMALCSA, pero si podería afectar ás presións do subministro nestas zonas: contorna do Estadio Municipal de Riazor, Cidade Xardín, Avenida de Gran Canaria e Labañou. Isto débese aos cortes que haberá que facer na rede (para facilitar os traballos e á vez para que siga funcionando o subministro) que producirán cambios na dirección do fluxo de auga, circunstancia que tamén podería provocar nas horas seguintes á operación algún episodio de turbidez, que en ningún caso afecta á calidade e salubridade da auga, só ao seu aspecto. 

Notas de prensa