Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Noticias

Fin ao proxecto Bialac de valorización de residuos +

Fin ao proxecto Bialac de valorización de residuos

O obxectivo principal do proxecto Bialac era desenvolver un biomaterial baseado en polímeros biodegradables, polihidroxialcanoatos ( PHA), a un custo reducido mediante o uso de materias primas de baixo valor e de difícil valorización para os participantes no proxecto, como é o caso de permeato proveniente do proceso de ultrafiltración na industria láctea e de lodo de depuradoras urbanas. O proxecto permite ao mesmo tempo reducir os custos de produción dos biopolímeros, valorizar o permeato e o lodo de depuradora, e producir novas formulacións de envasado de alimentos 100% biodegradables.

Durante a primeira anualidade de desenvolvemento do proxecto leváronse a cabo as tarefas iniciais de preparación das instalacións para albergar a planta piloto de produción do biopolímero, deseño da planta e caracterización do permeato e lodo de depuradora, tanto desde o punto de vista físico-químico como respecto a o seu potencial de dixestión anaerobia e os factores limitantes da produción de ácidos graxos volátiles, precursores do polímero.

Durante a segunda anualidade, continuouse cos estudos de caracterización do permeato e lodo, finalizouse o deseñado a planta piloto para a produción de biopolímero e instalouse na fábrica de Quescrem, procedendo a continuación á súa posta en marcha e axuste dos parámetros do proceso.

Durante a terceira e última anualidade do proxecto, continúase cos estudos de caracterización do permeato como alimento da planta piloto e coa operación da mesma para a produción de ácidos graxos volátiles e biopolímero. Realízanse diariamente controis do proceso operativo, toma de mostras, análises dos parámetros básicos de operación dos reactores, etc. levando un seguimento de todo o proceso e condicións de operación.

De igual forma, continúase cos estudos de codigestión a escala laboratorio para o mellor axuste do proceso operativo da planta. A medida que esta se estabiliza e conséguese a produción de biopolímero, realízanse procesos de extracción e purificación do mesmo. Continúase entón coa caracterización do biopolímero, avaliando as súas propiedades térmicas e reológicas e realízase a formulación necesaria para o desenvolvemento dun biocompuesto adecuado á súa aplicación. Finalmente, realízase a validación dos envases obtidos a partir do mesmo.

Este proxecto tivo unha duración de 2 anos e 4 meses, empezando en maio de 2018 e finalizando en setembro de 2020. No desenvolvemento do mesmo participaron varias entidades ( Emalcsa, Ecoplas, Abakal Enxeñeiros e Innolact, coa colaboración de grupos de investigación da Universidade da Coruña), contando cun orzamento total de 665.776,86 €.

Este proxecto foi subvencionado polo programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación (Consellería de Economía, Emprego e Industria) e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

O obxectivo desta iniciativa, subvencionada polo programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, coincide coa filosofía de Emalcsa de apostar pola innovación e a economía circular para unha produción sostible.

 

Premio Conama

 

A iniciativa foi presentada no Congreso Nacional do Medio Ambiente pola Fundación CONAMA no mes de xuño de 2021 en Madrid, que se podía seguir tamén de maneira en liña e no que participou unha delegación de Emalcsa en representación do resto de intervenientes ( Abakal, Innolact e Ecoplas).

Obtivo o premio do público tras a presentación do director de I+D+i da compañía, Ricardo Vázquez, no Congreso Nacional do Medio Ambiente, que visibiliza produtos, servizos e modelos de negocio innovadores que reduzan o impacto ambiental.

Agora que o proxecto está finalizado está a pensarse xa nunha segunda fase para ampliar a investigación en busca de melloras de rendemento.

Corte de auga en Pla y Cancela     e Costa da Unión +

Corte de auga en Pla y Cancela e Costa da Unión

Mañá, 16 de xuño, Emalcsa continúa cos traballos de renovación da rede de abastecemento na zona da Falperra e Os Mallos.


Entre as 8.00 e as 13.00 horas cortarase o subministro de auga nos números 30 e 32 da Costa da Unión e do 2 ao 28 da rúa Pla y Cancela.


Desculpade as molestias.

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión +

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión

Informamos dun corte de auga previsto para mañá, 15 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas, nas rúas Industrial e Costa da Unión para renovar a rede de abastecemento, aproveitando as obras de pavimentación que está realizando o Concello da Coruña.


En concreto, estarán afectados os portais:

  • 30, 32, 11 e 13 da Costa da Unión
  • Do 1 ao 23 (só impares) da rúa Industrial.

Notas de prensa