Unha empresa de servizo público
Xestionamos o ciclo integral da auga para os máis de 391.000 habitantes da Coruña e a súa área metropolitana
Participamos en todas as fases do ciclo integral da auga con criterios de sustentabilidade
Estas interrucións responderán aos traballos de mellora e mantemento na rede que se están a levar a cabo nestes puntos.
Emalcsa asume a súa responsabilidade coa sociedade
pondo en marcha un Plan de Continxencia
pola crise do COVID-19.
A Empresa Municipal de Augas da Coruña e as Autoridades Municipais, puxeron en marcha un plan de continxencia que permite garantir a subministración á poboación da Coruña e concellos da área metropolitana, ao asumir a responsabilidade co Plan de Emerxencia Nacional.
A posta en marcha das medidas decretadas polo Goberno da nación en relación á crise do Coronavirus supuxo un reto para a compañía pública de face a manter o servizo e ao mesmo tempo organizar o traballo de modo que se reduza o número de persoas traballadores expostas, establecendo regras para evitar e reducir a frecuencia e o tipo de contacto de persoa a persoa e clientes.
O Plan de Continxencia, preparado polo Comité de Riscos de EMALCSA, permite manter o servizo grazas ao compromiso dos seus traballadores e o alto grao tecnolóxico que a compañía adquiriu nos últimos anos. Esta situación permite que moitos dos procesos da compañía poidan ser controlados *remotamente e en canto á atención ao cidadán case todas as xestións poderán seguir realizándose con normalidade a través da oficina virtual (www.emalcsa.es), e o teléfono de atención ao cliente 981.24.23.22.
Durante polo menos 15 días, só permanecerán en activo o persoal de produción estritamente necesario, organizado en quendas de traballo nas plantas de produción, incluído laboratorio de calidade da auga, o e persoal de avarías para continxencias maiores en grupos *preestablecidos e con protocolos de traballo ben definidos, en atención ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias e goberno. A oficina comercial permanecerá pechada, pero mantendo a actividade a través dos medios citados previamente. Durante estes 15 días limitaranse os labores de lectura e xestión de contadores, salvo emerxencias ou falta de subministración que se atenderán baixo demanda no teléfono de atención ao cliente. O persoal de oficina fará as súas funcións mediante a habilitación progresiva das ferramentas de teletraballo. Durante os próximos días rogamos aos cidadáns que limiten as súas xestións, ao suspender temporalmente os prazos administrativos.
Dende EMALCSA animamos aos cidadáns a permanecer nas súas casas, co compromiso de todos os traballadores para que non lles falte a auga de calidade e na cantidade habitual, lembrando sempre facer un uso responsable do recurso co fin de garantir o servizo e manter o nivel de calidade da auga fornecida.
Lembramos que calquera dúbida poden resolvela no noso teléfono de atención ao cliente 981.24.23.22
Este Plan de Continxencia ten como finalidade actualizar as medidas e pautas de actuación fronte ao escenario de afección debido ao coronavirus SARS-CoV-19, en EMALCSA e poder manter a actividade con garantías suficientes.
R/ Manuel Murguía, s/n
Edificio Casa da Agua, andar 1º
15011 - A Coruña
981 24 23 22
atencioncliente@emalcsa.es
Responsable de tratamiento: Sus datos serán tratados por EMPRESA MUNICIPAL AGUAS DE LA CORUÑA, S.A. con domicilio social en C/ MANUEL MURGUIA, S/N - EDF. CASA DEL AGUA, PL 1 , 15011 - A CORUÑA (A Coruña).
Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para los fines especificados en el motivo de contacto y poder darle respuesta a sus peticiones o consultas, con base legal en el consentimiento expreso.
Cesiones: no serán cedidos a terceros salvo obligación legal.
Plazo: Sus datos serán tratados el tiempo estrictamente necesario para el cumplimiento de la finalidad o finalidades concretas que motivaron su recogida, hasta la pérdida de relevancia de su uso o, en todo caso, hasta que sean cancelados en respuesta al ejercicio por parte de su titular de los derechos correspondientes.
Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos a través de este formulario de contacto o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: dpo@emalcsa.es , o también por escrito, adjuntando una copia de un documento acreditativo de su identidad a la dirección: C/ MANUEL MURGUIA, S/N - EDF. CASA DEL AGUA, PL 1, , 15011 - A CORUÑA (A Coruña)
Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de datos en nuestra política de privacidad