Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Xa pode visitarse a exposición do V Certame de Debuxo da Natureza 'Vida silvestre do encoro de Cecebre '

Novas |

Desde o 7 de febreiro pode visitarse na Casa da Auga a mostra pública con todas as obras que se presentaron ao V Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “Auga e vida”, organizado polo Grupo Naturalista en colaboración con Emalcsa.

Está formada por 130 ilustracións de nenos e adultos de todas as idades, que recollen a biodiversidade arredor do encoro que lle dá de beber á Coruña e a súa área metropolitana, empregando o debuxo como ferramenta para promover o coñecemento e a implicación coa natureza.

 A mostra está situada na sala de exposicións da Casa da Auga (rúa Manuel Murguía s/n, planta baixa. 15011, A Coruña) e está aberta de luns a venres de 07.30 a 23 h, sábados de 9.30 a 22 h e domingos e festivos de 9.30 a 21 h.

Últimas novas