Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Un centenar de expertos analizan en A Coruña la gestión pública del agua

Noticias |

A Coruña acolleu o 24 de febreiro a celebración da mesa técnica sobre o ciclo urbano da auga, organizado Asociación Española de Operadores Públicos da Auga (Aeopas) co apoio da Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa). Máis dun centenar de expertos de todo o Estado déronse cita na nosa cidade para debater sobre a xestión sostible do subministro de auga, a construción de redes supramunicipais para mellorar o servizo -como no caso da EDAR Bens- e os procesos de remunicipalización que afrontarán diversas cidades nos vindeiros anos, como Madrid, Barcelona ou Santiago de Compostela. A mesa celebrouse durante todo o día no Paraninfo da UDC.

Na inauguración, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, lembrou que “a auga non só é un ben común indispensable para a vida, senón que é un dereito recoñecido polas Nacións Unidas, polo que non pode ser obxecto de apropiación en beneficio de intereses particulares”.

Neste sentido, lembrou que na Coruña cúmprense agora 50 anos da xestión pública da auga, pois Emalcsa converteuse en empresa 100% municipal durante 1977, e “supón un modelo de xestión eficiente, con beneficios todos os anos, que non van parar a mans de accionistas privados, senón que se invisten en mellorar a rede de subministro e en iniciativas de carácter social”

Na nosa cidade, podemos dicilo ben alto, a auga é de balde para as persoas con menos recursos ou especialmente vulnerables. Quen recibe unha renda social municipal, unha RISGA ou unha axuda similar, non paga nada pola auga, como tampouco se lle corta a quen precisa axuda dos servizos sociais”, engadiu Xulio Ferreiro.

Finalmente, o alcalde tamén destacou o carácter metropolitano de Emalcsa, que abastece de auga a á poboación de Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral, e colabora habitualmente con estes concellos e outros de toda Galicia, como Ferrol ou Cangas.

O alcalde estivo acompañado na mesa inaugural polo director de Emalcsa, Jaime Castiñeira, o secretario xeral de Aeopas, Jaime Morell, o alcalde de Sada, Benito Portela, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde.

 

Dificultades para as empresas públicas

Un dos puntos principais que centrou o debate nesta xornada foi as difucultades que o modelo de xestión pública da auga, de probada eficacia, atopa culpa de determinadas normativas estatais, como a Lei Montoro ou a Lei de Racionalización do Sector Público, que impiden a creación de empresas públicas e a contratación do persoal necesario para o bo funcionamento das que xa existen. Tamén limita a súa capacidade de ter perdas, sen importar en que invistan os cartos, nin recibir apoio dos concellos.

Pola contra, as concesións a empresas privadas non teñen este tipo de trabas, e poden actuar con menos limitacións, a pesar de que as concesionarias teñen como obxectivo o beneficio económico. Nas mesas de debate, reclamouse que as regras do xogo sexan as mesmas para todo o sector, público ou privado. Se existen límites, deberían impoñerse en todos os eidos.

Últimas noticias