Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Notas de prensa

Notas de prensa

Tareas de mantenimiento obligan a cortar el suministro de agua a una amplia área de San Pedro de Visma la mañana de este miércoles

Notas de prensa |

Este vindeiro mércores, 6 de abril de 2016, está previsto que se produza un corte de subministración que afectará a unha ampla zona de San Pedro de Visma e aos seus arredores. En concreto o servizo quedará interrompido para uns 620 clientes, reflectidos nesta ligazón.

Trátase dun corte imprescindible para realizar tarefas de mantemento da rede. En concreto procederase á substitución dunha chave de bolboreta de 500 milímetros de diámetro. A subministración quedará interrompida ás 9.00 horas do mércores e está previsto que quede reposto de xeito definitivo antes das 13.00 horas, se todo transcorre segundo o previsto.

Como adoita suceder neste tipo de traballos, cabe a posibilidade de que durante a fase de reposición da subministración xérense episodios puntuais e pasaxeiros de auga turbia na zona. EMALCSA, a través do seu departamento de control de calidade, e en base ás constantes análises que se realizan baixo estritos parámetros, garante en todo momento a potabilidade da auga fornecida.

Os usuarios teñen á súa disposición o teléfono de atención telefónica 24 horas no número 981 24 23 22 e toda a información en www.emalcsa.es e nas redes sociais.