Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

A Cátedra Emalcsa dedicará unha xornada ao proxecto Bialac, que desenvolve biomateriais a partir de suero lácteo e lodos

Noticias |

A Cátedra Emalcsa promove o próximo mércores 11 de setembro un Seminario sobre Economía Circular e Bioplásticos no que se falará sobre o proxecto Bialac, que desenvolve a fabricación de biomateriais a partir da valorización do suero lácteo e o lodo urbano e que está financiado polo programa Conecta Pyme 2018. Con Bialac búscase acadar un biomaterial baseado en polímeros biodegradables (bioplásticos) a un custe reducido mediante o uso de materia prima de baixo valor, a partir do suero da industria láctea e os lodos de depuracións urbanas, como o da Edar-Bens. Así procúrase o obxectivo de reducir os prezos dos biopolímeros e producir novas formulacións no envasado de alimentos 100% biodegradables, contribuíndo deste xeito a un modelo de economía circular que achegue solucións para garantir a sostenibilidade do noso modelo de vida.

O seminario terá lugar no Edificio do CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) do Campus de Elviña da Universidade da Coruña (UDC) promotora da Cátedra xunto a Emalcsa. A xornada comezará ás 9.30 horas do 11 de decembro e tras a apertura institucional empezará as charlas Javier Sanz Larruga, Catedrático en Dereito Administrativo e experto en Dereito Ambiental da UDC, que tratará a 'Política Europea de Economía Circular'. María José Abad, do Laboratorio de Polímeros da UDC, falará despois sobre 'Procesabilidade e Mellora de Prestacións dos Polímeros'. O 'Presente e Futuro dos Bioplásticos: Principais Aplicacións e Retos' será o tema da intervención de María Xosé Saborido, de Ecoplas. Por último, presentaranse os progresos do Proxecto Bialac, a cargo de Mari Carmen Veiga Barbazán, da UDC, e Ricardo Vázquez, Director de I+D+i de Emalcsa.

O seminario da Cátedra Emalcsa conta tamén coa colaboración do Grupo Atlante, namentres que no consorcio do proxecto Bialac participan así mesmo as empresas Abakal Ingenieros Consultores, Innolact, Ecoplas, ademais dos grupos de investigación Bioengin e Laboratorio de Polímeros, da Universidade da Coruña.

O prazo de inscrición xa está aberto, con aforo limitado, na web da Cátedra Emalcsa.

 

Últimas noticias