
El alumnado del ciclo de FP Dual en Gestión de Agua inicia prácticas remuneradas en Emalcsa
Las personas participantes en esta iniciativa pionera en Galicia pasarán por los diferentes departamentos de la empresa pública del agua de la ciudad
Noticias |
A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) realizará este xoves 21 de novembro a segunda e última fase do entronque de tuberías dentro das obras que realiza na construción dun novo depósito en Alvedro. A primeira actuación tivo lugar o martes e se saldou de xeito positivo, sen incidencias destacables nin corte de subministro a pesar da complexidade do traballo, que obriga cada vez a respaldar con medios propios case a metade da rede para non paralizar o servizo. Así ben, cabe a posibilidade de que a execución desta fase desde o xoves ás 9.30 horas da mañá produza algún episodio de auga turbia.
As obras do depósito de Alvedro supuxeron un investimento de máis de catro millóns de euros e mellorarán a seguridade dun punto crucial para o subministro de auga, conectado directamente coa Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva e que funciona como cabeceira do sistema de distribución aos municipios da Coruña, Culleredo e Arteixo, ademais de a parte de Oleiros e Cambre. A construción do depósito -xa avanzada nun 50 por cento entre conexións e cimentación- ampliará a capacidade de reserva de Emalcsa, o que dará marxe de actuación ante calquera posible incidente e reducirá os riscos durante as operacións de mantemento.