
El alumnado del ciclo de FP Dual en Gestión de Agua inicia prácticas remuneradas en Emalcsa
Las personas participantes en esta iniciativa pionera en Galicia pasarán por los diferentes departamentos de la empresa pública del agua de la ciudad
Noticias |
A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) realizará este martes 19 de novembro unha importante obra dentro das que realiza de cara á construción dun novo depósito en Alvedro, ao acometer o primeiro entronque de tubería, un traballo que, en principio, non obrigará a cortar o subministro, se ben cabe a posibilidade de que a execución da obra produza algún episodio de auga turbia. A actuación comezará ás 09.30 da mañá e durará varias horas durante toda a xornada.
As obras do depósito de Alvedro supuxeron un investimento de máis de catro millóns de euros e mellorarán a seguridade dun punto crucial para o subministro de auga, conectado directamente coa Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva e que funciona como cabeceira do sistema de distribución aos municipios da Coruña, Culleredo e Arteixo, ademais de a parte de Oleiros e Cambre. A construción do depósito -xa avanzada nun 50 por cento entre conexións e cimentación- ampliará a capacidade de reserva de Emalcsa, o que dará marxe de actuación ante calquera posible incidente e reducirá os riscos durante as operacións de mantemento.