
El alumnado del ciclo de FP Dual en Gestión de Agua inicia prácticas remuneradas en Emalcsa
Las personas participantes en esta iniciativa pionera en Galicia pasarán por los diferentes departamentos de la empresa pública del agua de la ciudad
Noticias |
A Cátedra Emalcsa que impulsan a Empresa Municipal de Augas da Coruña e a Universidade da Coruña organiza este mércores 13 de novembro -xunto ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (Citeec) e a empresa de fabricación Agruquero- unha xornada que terá como eixe central os 'Retos e solucións de sostenibilidade en instalacións de saneamento, abastecemento e depuración: vangarda na capacidade hidráulica, o rendemento e a saúde pública'. A sesión comezará ás 09.30 da mañá e terá lugar na sede do Citeec no Campus de Elviña.
A xornada contará coa dirección e moderación a cargo de Ricardo Vázquez, director de I+D+i de Emalcsa, e será presentada por el mesmo xunto ao CEO de Agruquero, Gabriel Quero e Isabel Martínez, profesora do departamento de Inxeñería Civil da UDC. A continuación, o director técnico de Agruquero, Borja Andrés, falará sobre a 'Protección e impermeabilización dos depósitos de formigón e redes de saneamento'. De seguido, o director de obra de ACUAES, José Piñeiro, disertará sobre as 'Experiencias en Galicia en restauración de saneamentos'. O director de proxectos de Agruquero, Clemente Bernabé, tratará o tema 'O PRFV como aliado perfecto das infraestruturas auxiliares do proxecto', e Fernando Cárcamo, de Tecoplás, explicará cuestións relativas ás 'Experiencias na aplicación de termoplásticos, na restauración e revestemento de aplicacións'. Tras o coloquio e como remate da sesión, os e as participantes farán unha visita ás instalacións do Citeex.
A Cátedra Emalcsa consolida unha relación técnico-científica entre a Empresa Municipal de Augas da Coruña e a Universidade da Coruña que afonda no traballo conxunto entre ambas entidades, co obxectivo de avanzar na investigación, o desenvolvemento e a innovación no suministro e tratamento da auga, con especial atención aos retos que supoñen o cambio climático e o control de calidade. Así mesmo, a Cátedra nace para apoiar a todas as institucións que piden o asesoramento de Emalcsa no que ten que ver coa xestión da auga urbana, onde é unha referencia nacional.