Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Noticias

+

Emalcsa realizou con éxito o primeiro entronque en Alvedro, que completará cunha segunda fase este xoves

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) realizará este xoves 21 de novembro a segunda e última fase do entronque de tuberías dentro das obras que realiza na construción dun novo depósito en Alvedro. A primeira actuación tivo lugar o martes e se saldou de xeito positivo, sen incidencias destacables nin corte de subministro a pesar da complexidade do traballo, que obriga cada vez a respaldar con medios propios case a metade da rede para non paralizar o servizo. Así ben, cabe a posibilidade de que a execución desta fase desde o xoves ás 9.30 horas da mañá produza algún episodio de auga turbia.

As obras do depósito de Alvedro supuxeron un investimento de máis de catro millóns de euros e mellorarán a seguridade dun punto crucial para o subministro de auga, conectado directamente coa Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva e que funciona como cabeceira do sistema de distribución aos municipios da Coruña, Culleredo e Arteixo, ademais de a parte de Oleiros e Cambre. A construción do depósito -xa avanzada nun 50 por cento entre conexións e cimentación- ampliará a capacidade de reserva de Emalcsa, o que dará marxe de actuación ante calquera posible incidente e reducirá os riscos durante as operacións de mantemento.

 

Emalcsa acometerá este martes o primeiro entronque de tuberías nos traballos do novo depósito de Alvedro +

Emalcsa acometerá este martes o primeiro entronque de tuberías nos traballos do novo depósito de Alvedro

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) realizará este martes 19 de novembro unha importante obra dentro das que realiza de cara á construción dun novo depósito en Alvedro, ao acometer o primeiro entronque de tubería, un traballo que, en principio, non obrigará a cortar o subministro, se ben cabe a posibilidade de que a execución da obra produza algún episodio de auga turbia. A actuación comezará ás 09.30 da mañá e durará varias horas durante toda a xornada.

As obras do depósito de Alvedro supuxeron un investimento de máis de catro millóns de euros e mellorarán a seguridade dun punto crucial para o subministro de auga, conectado directamente coa Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva e que funciona como cabeceira do sistema de distribución aos municipios da Coruña, Culleredo e Arteixo, ademais de a parte de Oleiros e Cambre. A construción do depósito -xa avanzada nun 50 por cento entre conexións e cimentación- ampliará a capacidade de reserva de Emalcsa, o que dará marxe de actuación ante calquera posible incidente e reducirá os riscos durante as operacións de mantemento.

 

A VII edición do concurso de debuxo de natureza sobre Cecebre bate o rexistro de participación +

A VII edición do concurso de debuxo de natureza sobre Cecebre bate o rexistro de participación

A VII edición do concurso de debuxo na natureza 'Vida Silvestre no Encoro de Cecebre', que organiza o Grupo Naturista Hábitar, coa colaboración de Emalcsa, superou o récord de participación no presente curso, posto que se presentaron un total de 369 ilustracións, pertencentes a 256 participantes, o que supón case duplicar o número da edicións anteriores. O reparto por categorías foi de 260 debuxos e 194 concursantes na de menores de 14 anos e de 109 obras a cargo de 71 persoas na de maiores desa idade. Un éxito rotundo.

Como sinala Hábitat, esta nova convocatoria foi denominada co título 'A Vida dos Prados', pretendendo "poñer en valor os prados húmidos que rodean o encoro e a gran biodiversidade que conteñen. Estes espazos son esenciais para moitas das especies, xa que neles son onde levan a cabo as súas actividades: alimentación, cría ou refuxio. Os prados de Galicia están a verse reducidos ano a ano polo abandono do rural ou o cambio de uso do solo, o que fai que as especies que alí habitan desaparezan da zona. É esencial que entre todos axudemos a conservar e darlle valor a estes espazos".

Nos vindeiros días daranse a coñecer os e as premiadas.

 

A Cátedra Emalcsa tratará os retos da sostenibilidade en instalacións hidráulicas +

A Cátedra Emalcsa tratará os retos da sostenibilidade en instalacións hidráulicas

 

A Cátedra Emalcsa que impulsan a Empresa Municipal de Augas da Coruña e a Universidade da Coruña organiza este mércores 13 de novembro -xunto ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (Citeec) e a empresa de fabricación Agruquero- unha xornada que terá como eixe central os 'Retos e solucións de sostenibilidade en instalacións de saneamento, abastecemento e depuración: vangarda na capacidade hidráulica, o rendemento e a saúde pública'. A sesión comezará ás 09.30 da mañá e terá lugar na sede do Citeec no Campus de Elviña.

A xornada contará coa dirección e moderación a cargo de Ricardo Vázquez, director de I+D+i de Emalcsa, e será presentada por el mesmo xunto ao CEO de Agruquero, Gabriel Quero e Isabel Martínez, profesora do departamento de Inxeñería Civil da UDC. A continuación, o director técnico de Agruquero, Borja Andrés, falará sobre a 'Protección e impermeabilización dos depósitos de formigón e redes de saneamento'. De seguido, o director de obra de ACUAES, José Piñeiro, disertará sobre as 'Experiencias en Galicia en restauración de saneamentos'. O director de proxectos de Agruquero, Clemente Bernabé, tratará o tema 'O PRFV como aliado perfecto das infraestruturas auxiliares do proxecto', e Fernando Cárcamo, de Tecoplás, explicará cuestións relativas ás 'Experiencias na aplicación de termoplásticos, na restauración e revestemento de aplicacións'. Tras o coloquio e como remate da sesión, os e as participantes farán unha visita ás instalacións do Citeex.

A Cátedra Emalcsa consolida unha relación técnico-científica entre a Empresa Municipal de Augas da Coruña e a Universidade da Coruña que afonda no traballo conxunto entre ambas entidades, co obxectivo de avanzar na investigación, o desenvolvemento e a innovación no suministro e tratamento da auga, con especial atención aos retos que supoñen o cambio climático e o control de calidade. Así mesmo, a Cátedra nace para apoiar a todas as institucións que piden o asesoramento de Emalcsa no que ten que ver coa xestión da auga urbana, onde é unha referencia nacional.

 

Emalcsa reparó una avería en Juana de Vega +

Emalcsa reparó una avería en Juana de Vega

El personal técnico de la empresa municipal resolvió unha rotura fortuíta en una tubería de 500 mm de diámetro. Debido a estas operaciones, ha sido necesario realizar un corte de agua de emergencia, que afecta al conjunto de la calle.

Notas de prensa